Carreira 10 Km correMOS contra o cancro
O Club ADN Runners-Telmo Peluqueros F.C. conxuntamente co Concello de Mos organiza o 25 de febreiro na cidade de MOS 10 Km correMOS contra o cancro e unha Andaina de 5 Km non competitiva, con saída e chegada no Pazo de Mos. A carreira de 10 km desenvolverase nun circuíto de dúas voltas, a primeira volta cunha lonxitude de 5.400 metros e a segunda volta cunha lonxitude de 4.600 metros. A Andaina terá un percorrido diferente ao da carreira e terá unha lonxitude de 5 km.